¿Qué é Repoblar?
  Cobertura
  Servizos

Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é a rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER 2007-2013.

Se vives no rural e non tes acceso á alta velocidade, e se queres o mellor precio do mercado, esta é a túa oportunidade.

 

A cobertura proporcionada por Repoblar permitirá que ó finalizar o proxecto, o 96% da poboación dos 55 concellos adheridos ó mesmo dispoñan da posibilidade de contratar servizos de acceso a Internet de banda larga.

Se vives nas zonas de cobertura marcadas no mapa, xa podes integrarte no mundo da tecnoloxía de banda larga.

Tamén podes rexistrarte como demandante do servizo.

 

Poden contratarse dúas modalidades de acceso a Internet de banda larga: 1Mb por 17€ ó mes (20,06€ con IVE), e 2Mb por 34€ ó mes (40,12€ con IVE), e tamén existe a posibilidade de contratar servizo de telefonía cunha das dúas opcións anteriores por 6€ máis ó mes (7,08€ con IVE).

Chama de balde ó 1632 e informarante das condicións e custos dos servizos.

         
¿Qué é Repoblar
 
 
Servizos